Ruibal, Manuel
Manuel Ruibal Ruibal (Barro, Pontevedra, 1942). De formación autodidacta, instálase en Madrid en 1961, onde aprende dos grandes mestres do Prado e coñece o grupo El Paso, logo vai a París, o que lle deixará profunda pegada na factura impresionista e fauvista das súas paisaxes. Durante as súas estancias en Roma, Milán, Suíza e Nova York, as súas pinturas penétranse nas sínteses abstractas. Desde principios dos anos setenta comeza a desenvolver unha pintura que conecta co informalismo abstracto e a desintegración das formas. Na etapa seguinte predomirá a cor violenta e a grafía lineal e as súas obras evolucionarán cara a unha linguaxe persoal que supón a aparición dunha pintura máis sintetizada con imaxes que abstrae aos seus trazos máis expresivos. Participa en Atlántica 83 con pezas escultóricas, desprázase a Nova York onde se establece ata entrados os noventa e despois alternará períodos en Madrid e na súa aldea natal.Fuentes consultadas:Cendán Caaveiro, S.: A pintura nas décadas dos sesenta e setenta. Galicia Arte. Arte Contemporánea (I), t. XVI. A Coruña, Hércules de Edicións, 1993, p. 163, 164.Gran Enciclopedia Galega. Silverio Cañada, Tomo 39, Lugo, O Progreso-Diario de Pontevedra, 2003, pp. 113, 114.Paredes, Tomás (1999). Manuel Ruibal, en Artistas Galegos Pintores, tomo XV, Neoexpresionismos, abstraccións, Vigo, Nova Galicia Edicións, pp. 54-87.Penelas Figueira, S.: Os anos oitenta. Galicia Arte. Arte Contemporánea (I), t. XVI. A Coruña, Hércules de Edicións, 1993, p. 333.