Sellier Loup, José

Givors (Rohne), Francia
-
1850
Coruña (A) (m)
-
1922

José Sellier Loup (Givors (Rohne), Francia, 1850-A Coruña, 1922). Despois dunha curta estancia infantil na Coruña onde o seu pai, Joseph Sellier, traballaba na fábrica de vidro, trasládase cos seus pais a Francia para, en 1886, volver á Coruña coa súa esposa e o seu fillo xa que o seu irmán Luís animouno se fixésese cargo do seu gabinete fotográfico.

Os irmáns compartiron a actividade pouco máis dun ano, período no que o establecemento pasou a chamarse Fotografía de Sellier Irmáns, continuando no local da rúa Real 86. O traspaso do negocio culminouse en 1888 pasando a chamarse Fotografía de París de José Sellier. Ao ano seguinte traslada o seu estudo e residencia a San Andrés núm. 9, alí sería veciño de Juan Bautista Avrillon, chegando a comunicar ambos os gabinetes fotográficos. Os méritos acumulados en sucesivas exposicións encherán os reversos das tarxetas de visita e soporte das fotografías: París, Alexandría, Bordeus, etc. O punto culminante da súa carreira dáse tras a aparición do cinematógrafo dos irmáns Lumière, con quen tivo relación en Lyon, cidade na que traballou ata os trinta e seis anos. Luís dispón en 1897 dun cinematógrafo para realizar as súas propias gravacións. As primeiras exhibiunas na Coruña no Bazar da Industria da rúa Real, en maio de 1897: Fábrica de gas, Praza de Mina e Oleaxe no Orzán, ás que seguirían outras en xuño: Enterro do Xeneral Sánchez Bregua ou Saída de misa de San Surxo. Realizou ademais reportaxes para revistas e periódicos como o desembarco dos feridos da guerra de Cuba para a Ilustración española e fotografías para a revista Blanco y Negro, así como vistas para postais. 

Obras do/a autor/a

Nestes momentos o autor non ten obras expostas no museo.