Son, Joris van

Amberes
-
1623
-
1667
Escola de arte:
Escola Flamenga

Joris van Son (Anveres, 1623-?, 1667) especializouse na pintura de flores e naturezas mortas. En 1652 traballaba con Erasmus Quellinus, quen pinta as figuras dunha das súas grilandas de flores e froitas. As súas grilandas de flores revelan a influencia de Daniel Seghers, aínda que conceptualmente a súa obra está máis preto de Jan Davidsz de Heem e son comúns as grilandas e festóns suspendidos de marcos esculpidos a partir da obra deste. É particularmente notable a descrición que fai Joris van Son da materialidade da pel das súas froitas, apreciable na peluxe dos pexegos.

Obras do/a autor/a