Souto, Arturo

Pontevedra (m)
-
05/07/1902
México
-
03/06/1964

Arturo Souto Feijóo (Pontevedra, 1902-México, 1964). É o único membro de Os Novos que conta con formación artística. Iníciase no mundo das artes xunto ao seu pai, o maxistrado e pintor, Alfredo Souto Cuero, unha profesión que levou a Souto e a súa familia para pasar por diferentes destinos como Lugo, Oviedo, Zaragoza, Sevilla ou Madrid, onde se matricula na Escola de Belas Artes de San Fernando en 1920. Completa a súa formación en París, onde acode en 1928 cunha bolsa da Deputación de Pontevedra e participa en diferentes exposicións colectivas e individuais. Os seus primeiros grandes cadros son desta época, con temáticas e estilos moi variados, dende o mundo marxinal do cabaret ata escenas portuarias, entre formas poscubistas e linguaxes próximas ao postimpresionismo. En 1933 recibe unha pensión para a Academia Española de Belas Artes en Roma. En Italia achegarase á estética clasicista cunha serie de obras que reflicten os enigmas da pintura metafísica.O estalido da Guerra Civil lévalle a Valencia, onde coincide con Castelao, nun momento en que publica álbums como Debuxos da Guerra e ilustra numerosas revistas, como El busque rojo, Unidad Antifascista, Ataque, Nueva Cultura ou Nova Galiza, publicada en Barcelona. En 1939 vese obrigado ao exilio e viaxará algún tempo por Europa e América, expoñendo en cidades como A Habana, Nova York, San Francisco, Los Ángeles ou Filadelfia. Finalmente, instálase en México en 1942, unha cidade que marcará o seu estilo, do que se extraen influencias do muralismo de Diego Rivera, do surrealismo, ou dos fauvismos cos que se achega á abstracción. Durante este período mexicano, a súa pintura regresa a un postimpresionismo intimista e feminino, con pinceladas pequenas e exuberantes cores.

Outras obras do/a autor/a neste museo

  • Dibujos de la Guerra (#6131 - Álbum de dibujos - Papel - )
  • Dibujos de la Guerra (#6132 - Dibujo - Papel - )
  • Mujeres en el puerto (#6450 - Cuadro - Papel - Acuarela)
  • Retrato de Álvaro Cebreiro (#6058 - Dibujo - Papel, Carboncillo - Dibujo)