Steinbrüggen Lago, Guillermo
Guillermo Steinbrüggen Lago (Vigo, 1952). Nacido en Vigo en 1952, pasa a súa adolescencia en Koblenz (Alemaña), á que se traslada coa súa familia en 1965, con 13 anos. Alí, estudará calderaría naval nos astilleiros de Hamburgo e, a comezos dos anos 70, comeza a estudar escultura na Escola Superior da Universidade de Belas Artes de Berlín.
De volta a España nos anos 80, practica cartelismo, muralismo, cine e escenografía durante algunhas estancias en Barcelona, Sevilla e Vigo; ademais de especializarse en cantería na Escola de Canteiros de Poio (Pontevedra).
Volve a trasladarse a Alemaña, a Lübeck, en 1985, onde montará escenografías, realizará talleres e dará comezo a varias series de ferro forxado. No ano 1992 funda “Kunst auf dem Weg” (Arte en camiño), na capela gótica de Weitendorf (Mecklemburgo).
En 1994 reanuda a súa actividade escultórica en Galicia, traballando no espacio público con pezas integradas no medio ambiente.