Stieler, Joseph Karl

Alemania
-
1781
Alemania
-
1858
Escola de arte:
Escola Alemá

Joseph Karl Stieler (Maguncia, Alemaña, 1781-Munich, Alemaña,1858). Retratista e miniaturista.

Pintor alemán, pertencente a unha familia de gravadores, tivo como mestre ao seu pai August Friedrich Stieler. Alcanzou a fama cos seus retratos de estilo neoclásico que realizou para a Galería de Belezas do Palacio de Nymphenburg en Munich, por encargo do rei Luís I de Baviera. A morte do seu pai fixo que completase a súa formación de forma autodidacta, iniciando a súa carreira como miniaturista, que pronto foron cotizadas e demandadas polos círculos burgueses alemáns. De 1802 a 1805 asistiu á Academia de Belas Artes de Viena, onde foi alumno de Heinrich Füger, retratista formado no taller parisiense de François Gérard, á súa vez alumno de Jacques-Louis David. En 1808 estableceuse como retratista independente en Frankfurt. De 1820 a 1855 foi pintor real na corte dos reis de Baviera. Ademais da realeza, a nobreza e a aristocracia, realizou retratos de importantes personaxes da cultura.

Obras do/a autor/a

Nestes momentos o autor non ten obras expostas no museo.