Thulden, Theodoor Van

-
1606
-
1669

Theodoor Van Thulden (Hertogenbosch, Países Baixos, 1606-1669). Pintor, debuxante e gravador flamenco. Entrou no Gremio de San Lucas de Anveres en 1626, do que sería decano cara a 1640. A obra de Thulden atópase máis próxima ao último manierismo flamenco que ás tendencias de Rubens. Entre 1631 e 1633 visitou Francia, onde tivo coñecemento da pintura manierista da escola de Fontainebleau, e puido copiar obras de Primaticcio e Niccolò dell´Abate. En 1636 participou noutro proxecto de Rubens, a realización dos deseños para a Torre da Parada en Madrid. Nestas pinturas, logra un estilo independente, ao contrario que outros autores que realizan os seus lenzos á maneira de Rubens. Tamén foi reclamado para realizar cadros de altar, onde continúa a liña de Van Dyck ou Gaspar de Crayer, creando un tipo de pintura onde destaca a monumentalidad das figuras, ao modo de Rubens, que foron amplamente difundidas a partir de gravados.

Obras do/a autor/a