Torrado, Adolfo
Adolfo Torrado Estrada. Prolífico comediógrafo e autor teatral de moda nos anos da posguerra, inicio a súa actividade literaria nas páxinas do xornal La Voz de Galicia. En 1929 foise a Madrid, onde adquiriu un importante papel no mundo da farándula. A súa primeira obra, Crack, marco as pautas do que sería o teatro torradino, combinando o melodrama coa comedia e a denuncia de certas taras como o estraperlo. Colaborou con Leandro Navarro nos anos anteriores á guerra, época na que tamén estreou zarzuelas como Catuxa. Tras a Guerra Civil, o seu teatro fíxose máis escapista e hedonista, imaxinándose complicadas situacións sociais e familiares a través do que se deu en chamar epopea do advenedizo. O seu teatro deixou de estar de moda nos anos 50, as súas comedias foron dadas á imprenta de Madrid, en 1958 e recollidas baixo o título Obras completas. Fonte: Gran Enciclopedia Galega. Silverio Cañada, tomo 42, Lugo, O Progreso - Diario de Pontevedra, 2003, p. 78.