Úbeda, Rafael

Pontevedra (m)
-
1932

Rafael Úbeda Piñeiro (Pontevedra, 1932). Os seus inicios na pintura remóntanse á época na que estudaba o bacharelato, unha étapa na que conta co apoio do seu profesor Pintos Fonseca. A actividade pictórica compaxináaba coa súa paixón pola música, que será un tema recorrente na súa obra.

A súa formación académica comeza en 1956 ao trasladarse a Madrid para estudar na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando. É neste momento cando comeza a ampliar os horizontes cara estilos como o expresionismo ou o fauvismo.

No ano 1962 é galardoado co premio Karrestraat, que lle permite estudar técnicas de gravado en Holanda, onde se pon en contacto con destacados artistas europeos e as novas correntes artísticas, integrándose no grupo Zebra. En 1965 gaña o Gran Premio de Roma na modalidade de paisaxe e instálase nesta cidade durante catro anos. Nesta etapa é influído polo simultaneísmo, e adéntrase máis na abstracción, aínda que sen deixar de lado a figuración. Podemos dicir que a partir da segunda metade dos anos 60 xa ten a súa propia linguaxe artística, con figuras contundentes e xeométricas, e próxima tanto ao expresionismo como ao cubismo.

Na súa volta a España en 1969 exerce a docencia en distintas escolas de Belas Artes de todo o país. A súa obra dos anos 90, que desenvolve maioritariamente en Pontevedra, caracterízase polas pinceladas moi espesas e o especial coidado das texturas. 

 

Obras do/a autor/a