Vasco, Mon

Coruña (A) (m)
-
1951
Coruña (A) (m)
-
1983

Ramón Vasco Pardavila (Mon Vasco). (A Coruña, 1951-1983). Ingresou na Escola de Artes e Oficios da Coruña e orientou a súa aprendizaxe cara á talla en madeira. A súa curta traxectoria caracterizouse por unha continua necesidade experimental que o levaría a solicitar unha bolsa á Fundación March para viaxar a África en 1972 e a itinerar por distintos camiños formais que o levan a combinar materiais (bronce e ébano, cemento e madeira, etc.) cun predominio da linguaxe abstracta. Participa na fundación do colectivo A Carón e en 1978 intégrase en A Galga. Despois dunha serie de fases máis ou menos inspiradas na arte primitiva africana e de sondar o discurso do orgánico asociado ao espacial, tendería, desde fins dos setenta, a organizacións modulares que concretaban as propostas do mínimal. Nelas entra en xogo un novo concepto, o da xeometría e a noción arquitectónica do espazo. A este concepto responde unha construción de cemento que presenta na primeira exposición Atlántica en 1980, á que seguirán novas pezas en pedra, pequenos bloques cortados como formas xeométricas simples como triángulos e cadrados, nas que insere pequenas pezas curvas de bronce e cuxa instalación se proxecta como un conxunto circular disposto sobre o chan.

Obras do/a autor/a