Villardefrancos Rodríguez, Eduardo
Eduardo Villardefrancos Rodríguez (A Coruña, c.1874-1939). Fillo de Eduardo Villardefrancos Pardo de Andrade, foi alumno do pintor Luís Álvarez Catalá, estudou en París Belas Artes. Afeccionado á fotografía, foi tamén empresario de salas de cinema na cidade da Coruña.
Foi dono na Coruña dos cinemas Monelos e París, situado este na Rúa Real núm. 8, e tamén dunha librería na mesma rúa, lugar de reunión de intelectuais da cidade.