Villodas y de la Torre, Ricardo
Ricardo Villodas y de la Torre (Madrid, 1846-Soria, 1904). Estudou na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid con Federico de Madrazo. Aos dezaoito anos, na Exposición Rexional de Zaragoza, foi premiado con terceira medalla e unha viaxe a París. Alí entrará en contacto con Raimundo de Madrazo, Léon Bonnat e Eduardo Zamacois. Trasladouse a Roma, onde permaneceu vinte anos, e asistiu ás clases de José Casado del Alisal na Academia Española, ás da Academia Chigi, aos faladoiros do Café Greco e aos talleres de José Villegas e Lorenzo Vallés.