Viqueira, J. V.

Madrid (m)
-
1886
Lagoa (A) (Ouces)
-
1924

Xoán Vicente Viqueira Cortón (Madrid, 1866-Lagoa, Bergondo, A Coruña, 1924). Alumno da Sorbona en París, traballa sobre todo no campo da psicoloxía. Conecta con outros mozos coñecidos como a Xeración Nós, entre os que destacan Vicente Risco, Losada Diéguez e Otero Pedrayo. Tamén participa nas Irmandades da Fala, onde será elixido presidente na Coruña. A pesar da súa curta vida, o influxo e a obra deste filósofo, poeta e político foron considerables, centrándose nos problemas da educación. Defende a necesidade de incorporar o galego ao ensino, como signo de identificación do pobo. Ataca á neoescolástica por non responder o progreso do saber senón a intereses relixioso - conservaduristas. Xunto con outros científicos da súa época, foi defensor da Institución Libre de Ensino.Fonte: Gran Enciclopedia Galega, tomo 30, Silverio Cañada, 1974, pp. 153, 154.

Obras do/a autor/a

Nestes momentos o autor non ten obras expostas no museo.