Ykens, Frans
Frans Ykens (Anveres, 1601-1693). Aprendeu o oficio de pintor baixo a tutela do seu tío Osias Beert I, co que estivo entre 1613 e 1630, data en que se iniciou como mestre independente. Especializado en pintura de natureza morta e flores, a súa obra é moi coñecida grazas a que asinaba a maioría dos seus traballos. As súas grilandas de flores mostran a influencia de Daniel Seghers. Nelas realizaba a parte floral deixando o motivo central a outros artistas que colaboraban con el. Pintor de gran permeabilidade receptiva, nos seus vasos de flores e vasos de cristal, ademais da relación con Seghers, é evidente a de Jan Philip van Thielen, mentres que os cuencos de porcelana de froitas evidencian o eco das obras do seu mestre Osias Beert ou de Jacob Hulsdonck. Os traballos de gran tamaño son equiparables a aqueles de Frans Snyders, e en xeral toda a súa obra ten unha notable afinidade conceptual á pintura de Willen Claesz Heda e os mestres holandeses.