Zelada, Miguel

Coruña (A) (m)
-
1942

Miguel Zelada Jurado (A Coruña, 1942). Pasa a súa infancia e mocidade en Madrid, onde estuda Económicas de 1960 a 1965. Comeza a traballar en 1966 no Banco Exterior da Coruña, traballo que desempeña ata a súa xubilación en 1997 e que compaxina coa pintura. Comeza os seus estudos na Escola de Artes e Oficios nese mesmo ano, aínda que el se considera autodidacta, xa que empeza a pintar na súa adolescencia. A súa primeira exposición é na Galería Ceibe da Coruña en 1976, despois participa en diversas mostras ao longo dos anos de maneira continua, como as da Galería Kandinsky de Madrid en 1980 e 1983. A partir de 1994 expón na Coruña na Galería Atlántica.

É un artista que experimenta con diversas correntes artísticas ao longo da súa obra. Nos seus comezos nos anos 60 proba a abstracción, pero pronto se decanta pola figuración, que xa non abandonará, pintando sobre todo paisaxes, retratos e interiores domésticos nunha liña expresionista, cubista e simultaneísta.

A súa obra non ten etapas definidas, senón que experimenta ao mesmo tempo con estas correntes. Realiza composicións xeométricas que simplifican a realidade, á vez que forman un caleidoscopio, con influencias de Cézanne e Picasso. 

Obras do/a autor/a