Imaxe:

Abanico

Autores/as:
Cronoloxía:
Abanico: 1875[ca]-1885[ca]

Abanico plegable tipo pericón con varillaje (14 + 2). A fonte e as gardas son de nácar negro deTahití. O país é dobre de raso de seda. No anverso aparece unha cromolitografía cunha escena na que se representa unha figura masculina sedente ante un lenzo oval. Trátase dun mozo que está a pintar o amorcillo da fonte situada enfronte, acompáñao unha figura feminina que suxeita unha paleta de pintor. Na base do pedestal sobre a que se asintan as figuras, aparece a firma, A. Lauronce. Enmarcando o anverso apréciase unha orla gométrica e vexetal. O reverso decórase cunha orla xeométrica pintada a man con témpera en cor violáceo e gris.

O ribete é unha liña contínua de tecido negro que morde ambas as caras do país.

A argola é de metal dourado, o clavillo de metal prateado e a virola de nácar branco.

Voo: 150°

Folla técnica

Número de inventario:
5352
Materia / Soporte:
Nácar
Nácar
Metal
Metal
Nácar
Fibra téxtil
Autores/as:
Cronoloxía:
Abanico: 1875[ca]-1885[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Paisaxe. Xardíns
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (28/11/2005)
Medidas:
Gardas: Altura = 27,5 cm; Anchura = 2,5 cm
País: Altura = 15,8 cm
Técnica:
Satén
Cromolitografía
Témpera
Obxecto:
Abanico