Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1890-1900

Abanico plegable de tipo pericón, con país de papel montado á inglesa, con varillaje (38 + 2) de madeira. No anverso, a fonte está decorada con motivos florais e xeométricos realizados coa técnica do gouache. A garda continúa a ornamentación da fonte e do país, mentres que a esquerda non posúe decoración algunha. O país, de papel, está dividido en tres rexistros horizontais: o superior está decorado con motivos florais e vexetais; o intermedio é superficie branca e o inferior posúe motivos xeométricos. O ribete é unha liña continua pintada ao gouache de cor branca.

A argola é de latón prateado, a virola é de latón dourado e o clavillo de metal prateado.

Voo: 150°

Folla técnica

Número de inventario:
5484
Materia / Soporte:
Madeira
Latón
Metal
Papel
Cronoloxía:
1890-1900
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Motivos xeométricos
Vexetal
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (26/03/2007)
Medidas:
Gardas: Altura = 30,2 cm; Anchura = 1 cm
País: Altura = 13,5 cm
Técnica:
Témpera
Obxecto:
Abanico