Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1905[ca]-1910[ca]

Abanico pregable tipo pericón de voda (16 + 2) de óso, tul e gasa. O país está montado á inglesa. No anverso de tul e gasa aparecen aplicacións de encaixe a modo de ribete e motivos vexetais e florais pintados mediante a técnica do gouache. As gardas e a fonte son de óso e están caladas e talladas con motivos xeométricos. O reverso é de tul cor marfil. A virola é de metal. O craviño e a argola son de metal prateado, desta última pende unha borla de seda en cor marfil. Voo: 158°.

Folla técnica

Número de inventario:
5360
Materia / Soporte:
Óso
Metal
Fibra téxtil
Cronoloxía:
1905[ca]-1910[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Vexetal
Motivos florais
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (28/11/2005)
Medidas:
Gardas: Altura = 32 cm; Anchura = 2,5 cm
País: Altura = 21,5 cm
Técnica:
Encaixe
Témpera
Tule
Gasa
Obxecto:
Abanico