Imaxe:

Abanico

Cronoloxía:
1830[ca]-1840[ca]

Abanico plegable varillaje (18 + 2) de óso. Estilo cristino. O varillaje é de óso calado e tallado con motivos xeométricos. As gardas están caladas, talladas e na zona da guía engaden unha incrustación de cristal que aparece pintada con motivos vexetais, florais e animais (bolboreta). O país é dobre e está realizado en papel. Utiliza a técnica da cromolitografía e está pintado a man con témpera representando unha escena galante. Presenta un ribete de papel en cor dourada. O reverso utiliza a mesma técnica e esquema compositivo que o anverso aínda que esta vez a escena representada é a costumista. O clavillo e a virola son de latón dourado, esta última ten forma de flor.

Voo: 166°.

Folla técnica

Número de inventario:
5466
Materia / Soporte:
Óso
Nácar
Papel
Latón
Cronoloxía:
1830[ca]-1840[ca]
Clasificación:
Indumentaria. Complementos
Iconografía:
Paisaxe. Xardíns
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (26/03/2007)
Medidas:
Gardas: Altura = 23 cm; Anchura = 1,9 cm
País: Altura = 13,4 cm
Técnica:
Témpera
Cromolitografía
Obxecto:
Abanico