Imaxe:

Bodegón

Autores/as:
Cronoloxía:
1965[ca]-1968[ca]

Partindo de elementos de gran cotidiandade, Colmeiro constrúe un bodegón insólito. Algunhas das froitas, mazás e peras, están nunha cunca de cristal e outras esparexidas nun espazo sen delimitar, polo que parecen suspendidas no espazo de tonalidades azuis e verdosas moi intensas, de influencias fauvistas. Os bodegóns e naturezas mortas teñen un lugar destacado na pintura de Colmeiro, xénero no que vai investigar os cambios estéticos que incorpora das vangardas artísticas europeas.

Neste lenzo mostra os cambios producidos na súa pintura, na que deixa atrás a estética do granito de formas e volumes rotundos e tons terrosos, para abrirse ás novas características que incorpora desde a súa estancia a París: cores vivas, pincelda solta e espazo sen delimitar, creando unha atmosfera abstracta.

Folla técnica

Número de inventario:
5217
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Autores/as:
Cronoloxía:
1965[ca]-1968[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Vexetal. Froitos
Bodegón
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 69,5 cm; Anchura = 84,5 cm; Profundidade = 7 cm
Lenzo: Altura = 50 cm; Anchura = 64,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro