Imaxe:

Campesiña italiana

Cronoloxía:
1880[ca]

Na época romántica a corrente costumista destacaba as tradicións dunha época ou un lugar a través de tipos individuais, xeralmente populares. Os pintores preferían o narrativo e o descritivo ao imaxinario e ofrecían en xeral unha visión amable e idealizada eliminando os aspectos críticos da realidade.

O pintor ofrécenos aquí a imaxe dunha campesiña da campiña italiana, coñecida como ciociara, que os artistas españois e europeos que viaxaban a Italia para formarse plasmaron en numerosas pinturas, en ocasións en contornas urbanas, xa que as ciociaras achegábanse a Roma a vender as súas mercadorías.

Jaspe Moscoso trasladouse a Roma en 1880 cunha bolsa para ampliar estudos na Academia de Belas Artes española e como a outros pintores cativoulle o peculiar e rechamante das vestimentas das ciociaras. Campesiña italiana é unha obra do seu período de formación italiano na que reproduce unha escena costumista coa precisión do realismo naturalista, pero a rixidez da muller que está a fiar suxire que pode tratarse dunha interpretación inspirada nunha fotografía ou un gravado.

Folla técnica

Número de inventario:
692
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1880[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Costumista. Tipos populares
Procedencia:
Asignación. Doazón: Jaspe Moscoso, Emilia (13/08/1947)
Historial:

EXPOSICIÓNS:
Ano 1983-84. Lugar: A Coruña. Homenaxe a Pintores Coruñeses. Deputación Provincial da Coruña.

Medidas:
Con marco: Altura = 58 cm; Anchura = 47,2 cm
Lenzo: Altura = 43,2 cm; Anchura = 32,4 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro