Imaxe:

Dama con paxaros

Autores/as:
Cronoloxía:
1985[ca]-1989[ca]

Tras un pequeno período abstracto acaba nun particular realismo máxico, coa nova figuración como eixo temático. Merino non pinta o que ve senón que trata de plasmar pensamentos e reflexións que merodean pola súa mente. Dominan neste cadro as tonalidades frías: brancos, verdes apagados e algunhas pinceladas de azul repartidas polo lenzo. Envolve aos seus protagonistas nun halo de misterio onde todo parece estar a se compoñer e desfacéndose á vez. A súa faceta de ilustrador de libros parece latexar no ambiente deste cadro cun estilo xa plenamente establecido.

Folla técnica

Número de inventario:
5200
Materia / Soporte:
Lenzo
Autores/as:
Cronoloxía:
1985[ca]-1989[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Feminina
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 60 cm; Anchura = 68 cm
Lenzo: Altura = 38,5 cm; Anchura = 47 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro