Imaxe:

As idades do amor

Cronoloxía:
1870[ca]-1890[ca]

Escena de inspiración clásica realizada en baixo relevo por J.  Gagensen segundo o orixinal de Bertel  Thorvaldsen (1770-1844). De dereita a esquerda vemos unha Psique con ás distribuíndo pequenas figuras  aladas ou  cupidos que simbolizan o amor. Psique entrégallos a mulleres e homes de distintas idades. Unha máis nova, axeonllada aos pés de Psique, recolle con admiración ao seu Cupido, séguelle a muller que abraza e bica a Cupido e outra muller que, sen interese, suxeita ao seu polas ás. Un home sentado e  pensativo non presta atención ao Cupido que está sobre os seus ombreiros e o ancián da esquerda inclínase e alonga un brazo cara ao seu sen poder alcanzalo. As figuras son de cor branca co fondo de cor vermella. Bordea a placa unha greca. Na parte posterior dous orificios para colgar.

Folla técnica

Número de inventario:
3619
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Cronoloxía:
1870[ca]-1890[ca]
Clasificación:
Cerámica
Iconografía:
Escena clásica
Mitolóxica
Procedencia:
Asignación. Doazón: Blanco Taboada, Telesforo (02/11/1979)
Medidas:
Placa: Altura = 18,8 cm; Anchura = 45,5 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Obxecto:
Placa decorativa