Imaxe:

La Guapa

Autores/as:
Cronoloxía:
1964

A obra de Mateos está marcada polo expresionismo que aprende nas súas viaxes por Bélxica e Alemaña, pero que tamén ten raíces hispanas: Goya no pictórico e Valle Inclán, entre outros, no literario. A súa arte representa un mundo de figuras caricaturizadas, de seres humanos en actitudes carnavalescas. A cor e o debuxo son a estrutura da obra. Hai acumulación e superposición de cores, aínda que ás veces recorre a trazos negros para separalos. A forza expresionista da cor é congruente con ese mundo fóra da realidade. Diante da guapa, sitúanse dúas máscaras burlescas, que centran a nosa atención. Non é unha escena de algarada de entroido, máis ben son seres pasivos, pero percibimos un aire sarcástico nas súas andanzas e unha certa desazón entre tanta deformidade.

Folla técnica

Número de inventario:
5201
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Expresionismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1964
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Feminina
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Papel: Altura = 622 mm; Anchura = 490 mm
Técnica:
Mixta
Obxecto:
Pintura