Imaxe:
A Marola
Folla técnica
Número de inventario:
4960
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Cronoloxía:
1974
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Rodriguez Labajo, María Luz (18/08/1998)
Medidas:
Con marco: Altura = 82 cm; Anchura = 131 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Mariña na que predomina a cor gris e que é unha obra do momento de plenitude na pintura do pintor. Nas mariñas, Grandío representa cabos, rías e calas de Galicia, neste caso a illa situada fronte ás costas de Oleiros (A Coruña), recreando as brumas e dando prioridade ás evocacións máis que ás plasmaciones veristas. A pincelada pouco matérica crea un efecto final de inacabado, tan propio do seu estilo. Grazas á gradación cromática do ton gris distribúe a luz no lenzo, creando o seu característico efecto atmósferico de néboa envolvente.