Imaxe:

Medallón

Cronoloxía:
1558-1560[ca]

Medallón cun busto en relevo de personaxe masculino barbado e con gorro que lle cobre a cabeza. Crese que pertenceu ao arco de ferro onde estaban colocadas as lámpadas acesas ante o Apóstolo, no altar maior da catedral de Santiago de Compostela. Nun principio sostíñaas unha trabe de madeira ata que a mediados do século XVI foi substituída polo chamado arco das lámpadas, de ferro e con variada decoración. O mestre Guillén Bourse, reixeiro de orixe francesa, comeza esta obra en 1558 e proséguea á súa morte Baltasar Ruz, probablemente francés, desde 1559 ata 1560.

Folla técnica

Número de inventario:
3693
Materia / Soporte:
Hierro
Contexto cultural / Estilo:
Renacemento
Cronoloxía:
1558-1560[ca]
Clasificación:
Escultura
Iconografía:
Figura. Masculina
Procedencia:
Asignación. Doazón: Blanco-Cicerón Trillo, Herminia (15/07/1986)
Historial:

Figurou na Exposición da Sociedade Española de Amigos del Arte. Exposición de 1919 - Hierros Artísticos. (Editouse un Catálogo: Sociedad Española de Amigos del Arte. Exposición de Hierros Antiguos Españoles. Catálogo por Pedro Miguel de Artíñano y Galdácano, Artes Gráficas Mateu, Madrid, 1919)

Medidas:
Medallón: Diámetro = 48,5 cm
Técnica:
Forxado
Obxecto:
Medallón