Imaxe:

Moeda

Cronoloxía:
1664

ANVERSO: [PH]ILIPVS · IIII · D G [HISPANIARVM REX]. Castelos e leóns separados por cruz patada, no extremo do brazo esquerdo da cruz a letra P (marca de ceca), no extremo do brazo dereito, letra E entre puntos (marca do ensaiador), debaixo 664 (data). Reselo sobre os cuarteis inferiores coa cifra 600 coroada dentro dun rectángulo.

REVERSO: [POTOSI] · ANO · [1664 O PERV]. Columnas de Hércules situadas sobre as ondas do mar, entre os seus fustes, tres lineas forman franxas horizontais nas que, de arriba cara abaixo, se intercalan as marcas: E / 8 / e o lema [PL]V - SV[L] - TRA.

Felipe IV. Oito reais

Ceca: Moeda acuñada en 1664 na ceca de Potosí que naquela época correspondía ao territorio do Perú (actual Bolivia). Posteriormente foi reselada en Brasil co valor de 600 reis. Ensaiador: Inicial E, Antonio Ergueta.

Este tipo de moeda, que recibiu o nome de macuquina, caracterízase por ter os bordos recortados e as lendas incompletas como consecuencia de ser fabricadas manualmente en cospeles irregulares a golpe de martelo sobre una bigornia.

Cayón (2005), vol. I, nº 6571, tipo 111, p. 720.

Folla técnica

Número de inventario:
1384
Materia / Soporte:
Prata
Contexto cultural / Estilo:
Imperio colonial español; Idade Moderna. Monarquía Hispánica
Cronoloxía:
1664
Clasificación:
Numismática
Procedencia:
Depósito: Escolas Populares Gratuítas (20/02/1951)
Medidas:
Moeda: Diámetro = 38 mm; Peso = 24,5 gr
Técnica:
Cuñaxe
Obxecto:
Moeda