Imaxe:

Moeda

Cronoloxía:
1706

ANVERSO: CAROL · III · D · G · HISP. REX ·. Busto do rei cara á esquerda.

REVERSO: BAR - CINO - CIVI - 1706 , entre dobre gráfila de puntos. Cruz que corta a lenda e forma catro cuarteis, cun roel no primeiro e terceiro cuarteis e tres puntos no segundo e cuarto cuarteis.

CECA: Barcelona

Carlos III. Croat

CAYON & CASTAN (1991), nº 7162, tipo 3, p. 573. CAYON (2005), nº 7973, tipo 3, p. 834

Emisor: Archiduque de Austria, pretendente ao trono de España (1705-1711), co nome de Carlos III durante a guerra de Sucesión Española. Emperador do Sacro Imperio Romano Germánico como Carlos VI.

O Archiduque Carlos de Austria reclamou a coroa española ao morrer Carlos II sen descendencia. Considerábase, por ser bisnieto de Felipe III, o lexítimo sucesor do último rei da dinastía Habsburgo. Foi recoñecido como rei de España, co nome de Carlos III, en territorios da Coroa de Aragón onde acuñou moeda ao seu nome. Finalmente, ao morrer o seu irmán e acceder ao trono imperial alemán, renunciou aos seus dereitos dinásticos fronte ao aspirante francés Felipe V.

Folla técnica

Número de inventario:
1436
Materia / Soporte:
Prata
Contexto cultural / Estilo:
Idade Moderna. Monarquía Hispánica
Cronoloxía:
1706
Clasificación:
Numismática
Procedencia:
Depósito: Escolas Populares Gratuítas (20/02/1951)
Medidas:
Moeda: Diámetro = 21 mm; Peso = 2,05 gr
Técnica:
Cuñaxe
Obxecto:
Moeda