Imaxe:

Muller con neno

Autores/as:
Cronoloxía:
1987

Formado na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando en Madrid, a súa amizade co escultor Francisco Asorey foi decisiva para a súa dedicación posterior á plástica e aos estudos de Anatomía Artística. O tema preferido de Felipe Criado é o mundo feminino. Así, neste óleo, a figura feminina aparece representada na súa faceta de nai, establecendo con ela unha relación de harmonía e equilibrio. Para isto, utiliza unha serie de recursos que serán constantes na súa obra, como o dominio da liña marcando volumes e movemento, a utilización de tons pastel e a súa pincelada rápida e solta.

Folla técnica

Número de inventario:
5258
Materia / Soporte:
Lenzo
Autores/as:
Cronoloxía:
1987
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Maternidade
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 71,5 cm; Anchura = 63 cm
Lenzo: Altura = 27 cm; Anchura = 22 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro