Imaxe:
O académico Ángel del Castillo
Folla técnica
Número de inventario:
867
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Pintura Galega. Xeración Triunfante; Realismo
Cronoloxía:
1937[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Asignación. Doazón: Castillo, Ángel del (02/02/1948)
Historial:
Aparecen referencias a Exposicións na parte posterior do cadro, nunha etiqueta, coa información seguinte: Diputación Provincial de La Coruña/ Exposición: Pintores ferrolanos/ Nº 207/ Autor: Sotomayor/ Título: Retrato de D. Ángel del Castillo/ Técnica y soporte: Óleo/ Mediddas marco_ Bastidor: 110x 90/ Propietario: Museo Provincial de Bellas Artes/ Domicilio: La Coruña/ Incidencias.
EXPOSICIÓNS:
Ano 1980. Exposición homenaxe a Pintores Ferroláns. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo. 15- 30 Agosto. // Ferrol. Sede: Sala do Concello. Setembro.
Medidas:
Con marco: Altura = 143,2 cm; Anchura = 122,8 cm; Profundidade = 10 cm
Lenzo: Altura = 109,8 cm; Anchura = 90,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Este retrato, pintado por Sotomayor no momento en que residía en Coruña, representa ao historiador Ángel del Castillo, que foi nomeado director do Museo Provincial de Belas Artes no ano 1922. Realizou o labor de provisión de obras de arte e organización da colección do museo durante os primeiros pasos da institución cando aínda non existía un espazo museístico. Trátase dun retrato sobrio no que o historiador viste traxe negro e loce no peito a medalla de Académico da Real Academia Provincial de Belas Artes da Coruña. Está sentado, lendo e ante un fondo no que destaca a fileira de libros do andel.
Ángel del Castillo López (A Coruña, 1886 - A Coruña, 1961). Desenvolveu un intenso labor investigador sobre a arqueoloxía e a arte de Galicia, entre os seus traballos de investigación destaca o Inventario da riqueza monumental e artística de Galicia, que se publicou en 1972, despois do seu falecemento. Gran parte da súa vida estivo dedicada á docencia que exerceu como mestre nacional e en lugares como a Escola Superior de Comercio e a Universidade Compostelá. No ano 1905 convértese en membro adxunto da Real Academia Galega na que o nomearon numerario en 1927. En 1924 entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Foi nomeado arquiveiro municipal da Coruña, Cronista Oficial da cidade e máis tarde da provincia, Presidente da Real Academia Provincial de Belas Artes e do Padroado do Museo Provincial. Foi membro correspondente das Reais Academias de Belas Artes de San Fernando (1919) e da Historia (1924), da Asociación de Arqueólogos Portugueses (1936) e do Instituto Arqueolóxico Alemán (1954).