Imaxe:

O alcalde Juan González Rodríguez

Autores/as:
Cronoloxía:
1919[ca]-1932[ca]

O alcalde caricaturizado, de pé e de perfil, ocupa case toda a lámina. Leva pelo a cepillo, gravata a cadros e reloxo de peto. Abatido e pensativo, pecha os ollos a unha figurilla feminina con gorro republicano, que, de lonxe, faille acenos. Pequenos toques de lapis de cor. Representa ao alcalde (republicano) dubidando no momento en que lle propoñen presentarse como monárquico á alcaldía. D. Juan González Rodríguez (1873-1960), avogado e político, foi alcalde da Coruña en 1919-1920, 1921-1922 e 1931-1932.

Folla técnica

Número de inventario:
3406
Materia / Soporte:
Papel
Tinta
Lapis de cor
Autores/as:
Cronoloxía:
1919[ca]-1932[ca]
Clasificación:
Artes Gráficas. Debuxo
Iconografía:
Retrato. Masculino
Procedencia:
Depósito: González Catoyra, Javier (19/08/1970)
Medidas:
Papel: Altura = 456 mm; Anchura = 300 mm
Técnica:
Debuxo
Debuxo con lapis
Obxecto:
Debuxo