Imaxe:
Paisaje
Folla técnica
Número de inventario:
5216
Materia / Soporte:
Lenzo
Cronoloxía:
1978
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 51,2 cm; Anchura = 59,4 cm
Lenzo: Altura = 27 cm; Anchura = 35 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Pertence á chamada Escola de París, e debido a esa formación parisiense, o impresionismo, o fauvismo ou o cubismo deixan unha pegada no seu labor artístico. A partir dos anos cincuenta os contrastes lumínicos e cromáticos pasan a xogar un papel determinante nos seus óleos, e no temático a paisaxe convértese no seu centro de atención. A costa vasca, os Pireneos, a serra de Madrid e a Provenza francesa, entre outros lugares, serán obxecto da súa mirada. A súa paleta de tons cálidos a base de rosas, azuis, amarelos e violetas plásmase en toques rápidos e pinceladas superpostas. Constrúe a perspectiva coa degradación das cores cara ao fondo, neste caso os verdes do primeiro termo van desaparecendo en profundidade.