Imaxe:
Porta de Aires
Folla técnica
Número de inventario:
856
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1858
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Asignación. Doazón: Iglesia, Eladia de la (10/01/1948)
Historial:
A obra foi doada ao Museo de Belas Artes da Coruña por Dª Eladia de la Iglesia
EXPOSICIÓNS:
Ano 2008: A Coruña, a cidade na arte, Museo de Belas Artes da Coruña.
Medidas:
Papel: Altura = 235 mm; Anchura = 325 mm
Técnica:
Acuarela
Obxecto:
Pintura
Vista urbana na que se poden ver os restos da antiga muralla da Coruña e a Porta de Aires. Nunha esquina vese a unha muller sentada e ao fondo, dispóñense os tellados das casas. A denominación de Porta dos Aires deriva do intento de voadura por parte do exército inglés desta parte da murallas (no ano 1589), para lograr a súa entrada na cidade. Un ano despois da realización deste debuxo, o 19 de Setembro de 1859, por acordo do Concello derrúbase a súa bóveda para alargar a vía que por ela daba comunicación entre a cidade vella e a nova. Un ano máis tarde produciríase á total demolición. Na casa situada ao fondo residiu a pintora coruñesa Dolores Díaz Baliño.