Imaxe:

Praia

Cronoloxía:
1970[ca]

Unha característica común aos pintores vinculados á Escola de Madrid é a súa procura da modernidade en oposición ao academicismo que imperaba na Escola de Belas Artes, pero non é unha modernidade entendida no sentido de vangarda, senón dentro da tradición. Nesta liña, Martínez Xato, realiza esta paisaxe; é unha obra na que se representa unha praia realizada a base de grandes planos de cor. O pintor, cunha visión lírica preséntanos unha paisaxe aberta no que concede pouca importancia á figura humana e cando está presente, como nesta obra, aparece inmersa nel; son figuras feitas cuns cuantos trazos, sintéticas, perdidas na inmensidade da praia.

Folla técnica

Número de inventario:
5197
Materia / Soporte:
Papel
Cronoloxía:
1970[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Paisaxe. Costa
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Papel: Altura = 360 mm; Anchura = 470 mm
Técnica:
Mixta
Obxecto:
Pintura