Imaxe:

Praia de Santa Cristina

Cronoloxía:
1917

Paisaxe de costa captado desde o alto, co corredor de area na praia de Santa Cristina no municipio de Oleiros (A Coruña). Este cadro, con dedicatoria ao arquitecto Antonio Palacios, é unha réplica autógrafa do que se mostrou na Exposición de Arte Gallego da Coruña de 1917 o cal, co título da Barra de Santa Cristina e con medidas (100x180 cm), aparece reproducido en Lloréns, Eva, 1981, p. 60: Lloréns. Monografías de Arte Gallego, Editorial Atlántico.

Folla técnica

Número de inventario:
5819
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Pintura Galega. Xeración Triunfante
Cronoloxía:
1917
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Paisaxe. Costa
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Poxas Fernando Durán (02/12/2008)
Medidas:
Con marco: Altura = 68 cm; Anchura = 94 cm
Lenzo: Altura = 48 cm; Anchura = 74 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro