Imaxe:

Primavera

Autores/as:
Cronoloxía:
1976

Como noutras obras dos primeiros anos da década dos anos setenta o título, Primavera, fai alusión a unha actitude vital, lúdica e colorista que contrasta co mundo esperpéntico doutra parte da súa obra. Esta alegoría da estación máis vital do ano enlaza coas imaxes creadas por Laxeiro que brotan dun mundo rico en personaxes de nenos e monicreques, que exaltan o gusto pola pintura narrativa na que a realidade se distorsiona ao antollo do pintor. A pincelada solta e xestual potencia a veta expresionista e aínda que usa o vermello, azul e branco, non desaparece a gama das constantes cores pardas e negras das súas obras.

Folla técnica

Número de inventario:
5226
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Autores/as:
Cronoloxía:
1976
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Feminina
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 50 cm; Anchura = 41 cm
Lenzo: Altura = 35,2 cm; Anchura = 24,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro