Imaxe:
Retrato de Avelina Torras Serratacó
Folla técnica
Número de inventario:
6400
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Pintura Galega. Xeración Triunfante
Cronoloxía:
1947[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: Zorrilla Torras, Irmáns (26/10/2016)
Medidas:
Profundidade = 9 cm
Con marco: Altura = 162 cm; Anchura = 137 cm
Lenzo: Altura = 140 cm; Anchura = 115 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
O retrato foi realizado cara ao ano 1947, cando Sotomayor cunha traxectoria consolidada e convertido nun pintor de éxito, alterna as actividades no Museo do Prado cos múltiples encargos da burguesía do momento, especialmente retratos. Conserva o sinal do realismo académico pero acentuando a pincelada impresionista no xogo de contrastes lumínicos da vestimenta da figura. Usa recursos habituais que utiliza noutros retratos como o elemento arquitéctonico que serve de fondo á retratada ou a abertura ao lado dereito pola que se divisa a paisaxe. A composición deste retrato feminino é reflexo da estética persoal do pintor na que se combinan a naturalidade coa elegancia e un certo grao de idealización.