Imaxe:
Retrato de dous adolescentes
Folla técnica
Número de inventario:
6274
Materia / Soporte:
Lenzo
Cronoloxía:
1919
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito. Familia Martín Armesto.
Medidas:
Con marco: Altura = 119 cm; Anchura = 119 cm
Lenzo: Altura = 90 cm; Anchura = 90 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Retrato de medio corpo de dous mozos sentados nunha cadeira de brazos de vimbio, un suxeitando no seu colo un gato e o outro un libro. Ambos aparecen enmarcados por un cortinón vermello á dereita e no fondo por unha paisaxe con esculturas clásicas.
Dentro do labor de Abelenda como retratista, a utilización da paisaxe como fondo, recurso moi usado polos pintores coetáneos rexionalistas, lonxe de facer do un ingrediente secundario, adoptaba asocialo con algún elemento relacionado cos gustos do personaxe, a súa actividade ou profesión, para transcender así o seu significado de mero decorado e adquirir unha especial relevancia como fonte de información. No caso concreto deste retrato dobre, sitúa aos dous irmáns Manuel e Francisco Armesto ante os xardíns e esculturas que, na monografía sobre o pintor, Abel Vilela relaciona cos xardíns romanos de Tívoli. A información que achega a descendencia dos retratados, é que foi pintado no estudo que Abelenda acababa de montar no ano 1919 na praza de María Pita, lugar frecuentado por ambos os irmáns que por aquel entón eran alumnos seus. Segundo a mesma fonte non existiu relación entre os Armesto e Italia, polo que o escenario do cadro podería pórse en relación non tanto cos personaxes, senón pola influencia romana recibida polo pintor a raiz da súa recente estancia en Roma, cidade onde residiu grazas a unha bolsa de estudos que lle outorga no 1914 o concello da Coruña.
Desde o punto de vista estilístico recorre a unha serie de elementos como a butaca de vimbio, o cortinón e a figura do gato que proporcionan un acento naïf á composición, recreando un atmosfera que nos lembra á da retratística colonial inglesa.