Imaxe:

Ruinas romanas

Autores/as:
Cronoloxía:
1916

Esta obra representa un exemplo da súa época de formación. Foi realizada durante a súa estancia en Roma, cidade na que reside grazas a unha bolsa que lle é outorgada en 1914 polo Concello da Coruña por importe de 750 pesetas (ampliada a 1250 en 1915) para continuar a súa formación na Academia de España, dirixida naquel momento por Eduardo Chicharro. A estancia en Roma permitiulle un coñecemento do mundo clásico que afirmaría e consolidaría a súa idea conservadora da arte.

Como consecuencia diso, as ruínas romanas foron tema recurente neses traballos, pois se coñecen outras obras que fan referencia aos mesmos motivos e que actualmente se atopan nas coleccións do Concello da Coruña (era práctica habitual que os bolseiros enviasen algún cadro á institución que os subvencionaba) así como da Deputación Provincial (volverá a Italia como pensionado da Deputación Provincial en 1930).

Apréciase unha pincelada pastosa e unha cálida paleta, acentuada polo tipo de luz empregada, tipicamente mediterránea, oficializada por Sorolla. Lembremos que o seu mestre destes anos foi Eduardo Chicharro vinculado ao luminismo sorollesco. Esa cálida e dourada entoación nada tiña que ver coa posteriormente utilizada na súa obra de contido plenamente galego; de feito o mesmo Abelenda recoñecía que non sería capaz de dixerir o luminismo valenciano á hora de abordar a paisaxe galega, pois o resultado sería unha imaxe totalmente irreal e artificiosa.

Folla técnica

Número de inventario:
6276
Materia / Soporte:
Lenzo
Autores/as:
Cronoloxía:
1916
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Edificios e ruínas clásicas
Arquitectura e monumentos
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Vázquez Ares e irmáns, José Ignacio (06/03/2014)
Historial:

Adquirido aos herdeiros de Manuel Fernández Eiras.

Medidas:
Con marco: Altura = 87,4 cm; Anchura = 72,5 cm
Lenzo: Altura = 75,5 cm; Anchura = 60 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro