Imaxe:
San Pedro de Roma
Folla técnica
Número de inventario:
6275
Materia / Soporte:
Lenzo
Cronoloxía:
1914
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Vázquez Ares e irmáns, José Ignacio (06/03/2014)
Historial:
Adquirido aos herdeiros de Manuel Fernández Eiras.
Medidas:
Con marco: Altura = 34,5 cm; Anchura = 42,5 cm
Lenzo: Altura = 23,5 cm; Anchura = 32 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Esta obra representa un exemplo da súa época de formación. Foi realizada durante a súa estancia en Roma, cidade na que reside grazas a unha bolsa que lle é outorgada en 1914 polo concello da Coruña para continuar a súa formación na Academia de España. A estancia en Roma permitiulle coñecer o mundo clásico que afirmaría e consolidaría a súa idea conservadora da arte.
Como consecuencia disto, as ruínas romanas foron tema recorrente neses traballos, pois son coñececidas outras obras que fan referencia aos mesmos motivos e que actualmente se atopan nas coleccións do concello da Coruña (era práctica habitual que os bolseiros enviasen algún cadro á institución que os subvencionaba) así como da Deputación Provincial (voltará a Italia como pensionado da Deputación Provincial en 1930).
Apréciase unha pincelada pastosa e unha cálida paleta, acentuada polo tipo de luz empregada, tipicamente mediterránea, oficializada por Sorolla. O seu mestre destes anos foi Eduardo Chicharro vinculado ao luminismo sorollesco. Esa cálida e dourada entoación nada tiña que ver coa posteriormente utilizada na súa obra de contido plenamente galego; de feito o mesmo Abelenda recoñecía que non sería capaz de dixerir o luminismo valenciano á hora de tratar a paisaxe galega, pois o resultado sería unha imaxe totalmente irreal e artificiosa.