Esta figura retratada de busto podemos identificala con Santa Bárbara cuxa lenda popularizou na idade media a Lenda Dourada de Santiago de la Vorágine. A santa cóbrese cun manto vermello que simboliza o sangue do sacrificio de Cristo e adórnase con algúns aderezos luxosos como o colar de contas ou o refinado tocado que lle coroa a cabeza segundo a moda da época. Con expresión serena, observa de maneira directa ao espectador cos símbolos do seu triunfo: as palmas que suxeita nas mans que son atributo do martirio dos santos; o cáliz coroado pola sacra forma representado minuciosamente no broche de peito que adorna o vestido para simbolizar a súa conversión ao cristianismo e que a sinala como intercesora nas mortes súbitas sen confesión, nin comuñón e como auxiliadora e patroa dos moribundos; finalmente o seu atributo distintivo, a construción que está situada detrás da figura, unha torre na que hai tres ocos ou xanelas circulares que simbolizan a súa adoración á Santísima Trindade. Segundo a lenda, o pai da santa para apartala da evangelización cristiá encerrouna nunha torre iluminada por dúas xanelas, pero ela conseguiu recibir os ensinos cristiáns e ser bautizada e para expresar a súa fe fixo abrir unha terceira xanela.