A imaxe representada de busto neste lenzo, segue a representación tradicional ao retratala cuberta cunha longa cabeleira que lle cobre os ombreiros para simbolizar a sinxeleza e a austeridade. A caveira que suxeita coa man esquerda soe acompañar aos santos penitentes e na pintura relixiosa era un obxecto propio da meditación para lembrar o carácter fugaz das cousas terreais. A figura emerxe dun fondo neutro e está retratada con sobriedade e elegancia. Destaca a serenidade naturalista do rostro, tratado con gran delicadeza e no que a expresión implorante dos ollos llorosos que miran cara ao ceo, expresa a súa aflición e arrepentimento.