Imaxe:

Sen título

Cronoloxía:
1852[ca]-1858[ca]

Deseño para estampaxe de louza. O selo que aparece na parte superior do papel coa lenda FABª DE LA VICTORIA CORUÑA, refírese á fábrica que se situou en Monelos, na periferia da cidade da Coruña. Esta fábrica de fundición establecida por Joaquín Galiacho y Sierra en 1843 ampliouse máis tarde, en 1853, co establecemento dunha industria de louza.

A ilustración está realizada en sentido inverso e representa unha paisaxe romántica, cun castelo á esquerda rodeado de vexetación, á dereita árbores e no centro un río cunha ponte e tres figuras en primeiro plano.

Folla técnica

Número de inventario:
2106
Materia / Soporte:
Papel
Cronoloxía:
1852[ca]-1858[ca]
Clasificación:
Artes gráficas. Estampaxe
Iconografía:
Paisaxe. Xardíns
Medidas:
Ancho 306 mm
Alto 164 mm
Técnica:
Impresión (Técnica gráfica)
Obxecto:
Lámina