Imaxe:

Xesús e a boa Samaritana

Autores/as:
Cronoloxía:
1550[ca]-1600[ca]

O encontro de Xesús coa samaritana é un tema representado desde os primeiros séculos do cristianismo. Esta escena fai referencia a un episodio dos anos de predicación de Xesús, recollido no evanxeo de san Xoán (Xn., 4, 9-14). Segundo se narra no texto, Xesús, na viaxe de Xudea a Galilea atravesa Samaria e nos arredores da cidade de Sicar detívose a pedir auga a unha muller que a sacaba dun pozo. No lenzo, Xesús está sentado e a samaritana está situada ao seu carón, de pé, suxeitando un cántaro sobre o brocal do pozo. Os xestos de ambos indican que se establece unha conversa, forma de sinalar que Xesús, que no relato evanxélico usa a auga como metáfora, está a transmitirlle as súas ensinanzas a esta muller, quen acabará por converterse e recoñecelo como o Mesías. O suceso está ambientado no espazo e no tempo histórico da narración de san Xoán e, seguindo esta, o pintor sitúa as dúas figuras principais, que encaixan nos canons renacentistas, a ambos os dous lados do pozo e ao lonxe aos discípulos regresando con provisións. Na pintura flamenga a paisaxe adoitaba ocupar un lugar destacado, xa fose visto a través dunha xanela ou, como neste caso, servindo de escenario á composición. Os personaxes adoptaban unha disposición equilibrada, ben no centro, se se trataba dunha única figura, ou simétricamente como vemos nas dúas figuras principais representadas nesta táboa, cuxa maior definición no primeiro plano suxire profundidade espacial.

Folla técnica

Número de inventario:
259
Materia / Soporte:
Táboa
Contexto cultural / Estilo:
Renacemento
Autores/as:
Cronoloxía:
1550[ca]-1600[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Relixiosa. Evanxélica
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (16/08/1946)
Historial:

Depositado no Concello da Coruña desde Abril de 1942 ata a apertura do Museo de Belas Artes, por O. M. 19- 12- 1941.

No ano 1955 se expuxo no Pazo Municipal, 2 Setembro. Cea de gala en honra do Xefe de Estado. Concello da Coruña.

Ano 1958: Pazo Municipal. 6 septiembre. Cea de gala en honra do Xefe de Estado. Concello da Coruña.

 

Medidas:
Con marco: Altura = 118 cm; Anchura = 94 cm; Profundidade = 7 cm
Táboa: Altura = 103 cm; Anchura = 79 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro