Imaxe:
Xinete Azul
Folla técnica
Número de inventario:
5193
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Expresionismo
Cronoloxía:
1978
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 71,6 cm; Anchura = 63,6 cm
Lenzo: Altura = 46 cm; Anchura = 38 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Álvaro Delgado é un destacado representante da liña expresionista da pintura española e da Escola de Madrid, que aglutinou no período de posguerra a un grupo de novos pintores que se converterían no referente da vangarda española daqueles anos. A súa breve experiencia na segunda Escola de Vallecas, xunto co período de formación á beira de Vázquez Díaz, o interese que espertaron nel o sintetismo de Cézanne e a obra de Picasso, son os responsables da súa introdución á modernidade. Os bodegóns, a paisaxe e o retrato son os xéneros aos que se dedicou co seu maior empeño. Coa monocromía do ton azul de Xinete Azul fai exercicio de grafismo puro, de espontaneidade expresiva deixando que a liña se desenvolva libremente.