Elena Gago
Un retrato de Elena Gago
A Coruña, 1940 - A Coruña, 2011
María Elena Fernández-Gago Díaz, autodidacta, comezou a pintar dende nena e seguiu aprendendo pola súa conta aínda que se formou en composición e colorido na Escola de Belas Artes de San Fernando e no Círculo de Belas Artes de Madrid. Durante a súa mocidade, centrou o interese na paisaxe. Despois, pasou a representar interiores, o que se converteu no eixe de toda a súa obra.
Viaxou moito, o que lle permitiu expoñer nacional e internacionalmente en cidades como Nova York, Madrid, Xenebra, Múnich, Bruselas, Milán, Bos Aires, Ámsterdam, Tokio ou París, entre outras. Ademáis da creación artística, Gago tamén se adicou á divulgación impartindo conferencias e editando ensaios artísticos.
O seu estilo
Cunha gran preocupación polos efectos lumínicos, nos seus lenzos a luz ilumina ou deixa en penumbra o mobiliario que ocupa as estancias. A maneira de aplicar a cor, con ceras e cunha técnica próxima ao puntillismo, permítelle case esvaecer o perfil dos obxectos e crear a atmosfera de silencio que caracteriza as súas composicións. Con todo, a súa pintura foi calificada como realista, aínda que o seu estilo tan característico afástaa de calquera corrente artística contemporánea e outórgalle as obras un carácter universal.
Descarga a guía didáctica a continuación ↓
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| aprendendo-con-gago.pdf | 40.18 MB |