Un museo polo miúdo

Museo - Colección - Xénero artístico - Estilo artístico  - Conservación - Restauración - Arquivo - Catalogación - Rexistro - Profesión Público - Seguridade - Didáctica - Difusión - Creatividade

 

Para Quen?

  • Centros escolares de toda Galicia.
  • Alumnado de Primaria e últimos cursos de Infantil.

 

Descrición do proxecto

Como xurdiu o Museo de Belas Artes da Coruña? Que pezas conforman a súa colección? Que persoas traballan nel e cales son as súas funcións? Para que serve un museo?

Con este proxecto resolveremos todas as cuestións plantexadas anteriormente ademais de coñecer algúns dos seus segredos e curiosidades. Para iso, establecemos tres bloques temáticos que xiran arredor da súa historia, a súa colección e as diferentes funcións que ten o museo e os/as profesionais que as desenvolven.

Tras coñecer as ideas previas do alumnado sobre o museo, partiremos de explicacións teóricas para propoñer actividades coas que traballar os diferentes contidos de cada bloque e coñecer dun xeito próximo a realidade da nosa institución.

Como exercicio final, volveremos sobre todo o aprendido para deseñar o noso propio museo imaxinario.


 Descarga a presentación completa do proxecto a continuación ↓
Documentos:
Anexo Tamaño
un-museo-polo-miudo.pdf 175.12 KB