Estilos: un repaso pola Historia da Arte
Tipo de visita:
Visita técnica
Nível:
2º Bacharelato
Duración:
1h 30min
Esta visita polas salas do museo preséntase como unha ferramenta de apoio e reforzo para os contidos de Historia da Arte ou Historia do segundo curso, en especial para a preparación para a proba de acceso á Universidade. A través dun percorrido técnico e dinámico pola colección permanente, deterémonos en cuestións chave como a composición, a perspectiva, os xéneros artísticos ou as diferenzas estilísticas entre épocas. Ademais, abriranse espazos de reflexión sobre a conservación e presentación das pezas en sala, a función dos museos e o valor do patrimonio como ben colectivo.