Proxecto IDENTIDADES. As artes para a inclusión social
IDENTIDADES, AS ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL é unha experiencia sociocultural iniciada en 2018, e promovida pola Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña baixo a coordinación e supervisión do equipo técnico do museo, e subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña e a Área de Benestar do Concello da Coruña.
Destinado a colectivos en situación de vulnerabilidade, o proxecto pretende facer unha reflexión e tomar conciencia das raíces e da identidade propia en todas as súas variantes: cultural, xeográfica, emocional e persoal, tanto individual como colectiva.
O medio para lograr este obxectivo será a posta en marcha dunha serie de obradoiros de artes plásticas impartidos por unha selección de artistas da cidade, nos que traballarán diferentes técnicas (debuxo, escultura, colaxe, gravado, pintura, etc) para representar, a través dos xéneros artísticos, as distintas formas de asumir a identidade de cada un, da súa contorna e espazo, dos seus obxectos emotivos ou simbólicos, dos episodios do seu pasado e presente e das emocións que todos estes elementos lles provocan.
Cunha duración total de dez horas de traballo, a actividade estrutúrase nunha sesión teórica (breve presentación, percorrido guiado pola colección permanente e visita ao taller do artista correspondente), e o obradoiro propiamente dito, que se distribuirá durante os días e horarios pactados cos responsables da entidade. Rematados os talleres, as obras serán expostas no museo.
Para favorecer a conciliación familiar, organizaranse talleres infantís paralelos, destinados a aqueles colectivos de mulleres con fillos menores. Ademais, para os grupos de estranxeiros que non falen o noso idioma, proporcionaráselles un sinxelo vocabulario axeitado aos termos que se manexen durante a actividade.
Información práctica
Grupos: Máximo de 20 persoas
Lugar de realización: Toda a actividade desenvolverase no Museo de Belas Artes da Coruña, a excepción da primeira xornada de presentación, na que os participantes visitarán o estudo do artista que lles corresponda.
Datas: Os obradoiros terán lugar de setembro a decembro, de martes a sábado, en horario de mañá e/ou tarde. Tanto as datas como os horarios dos talleres serán confeccionados en colaboración cos responsables das diferentes entidades sociais, garantindo unha absoluta adecuación dos mesmos ás necesidades, á actividade e á idiosincrasia de cada colectivo. Rematados os talleres, montarase una exposición con todos os traballos realizados, que poderá visitarse de decembro a xaneiro.
Duración da experiencia:
- Xornada teórica: 2 horas (desenvolverase nunha única xornada no Museo de Belas Artes e no estudio do artista).
- Xornadas prácticas: 8 horas de taller, que poderán distribuírse en tantas xornadas como o desexe cada grupo.
Edición 2025:
- Artistas, temáticas e técnicas:
- Lara Pintos. Debuxar a mirada. Acrílico sobre lenzo.
- Tatiana Medal. O autorretrato. Acrílico sobre táboa enteada.
- Ali Ali. Obxectos e símbolos de identidade. Collage. Técnica mixta sobre táboa enteada.
- Luisa Valdés. Tiras de peregrinación. Acuarela sobre papel.
- Raúl Álvarez. A paisaxe do mar. Acrílico sobre táboa enteada.
- Manuel Suárez. As cores do noso océano. Óleo en barra e acrílico sobre lenzo cru sen entear.
- Gosia Trebacz. Pintar o Hip-Hop. Acrílico sobre camiseta.
- Ángeles Huerta. Historias do cotián. Audiovisual.
- Iria do Castelo. A viaxe do heroe. Calcografía.
- Xurxo Fernándes. As músicas tradicionais. Música.
- Víctor Manuel Ares Ces. A casa-niño. Porcelana.
- Susana Anta. Os símbolos identitarios. Cerámica.
- Manel Cráneo. A nosa historia en imaxes. Tinta sobre papel.
- Entidades participantes: Hogar de Santa Lucía, ACCEM, CIS Carmela Díaz de Rábago, Hogar de Sor Eusebia, Fundación Érguete, Centro Penitenciario de Teixeiro, Fundación Juan Soñador, Cruz Vermella (a través dos programas Muller en dificultade social e Migrantes), Amigonianos, Ecodesarrollo Gaia e Centro Ocupacional Pascual Veiga.
Edición 2024:
- Artistas, temáticas e técnicas:
- Bea Lema. Os animais. Bordado en tea.
- Tatiana Medal. O abecedario. Acrílico.
- Lara Pintos. O espazo vivido. Acrílico sobre papel.
- Faura Balsa. O autorretrato. Escultura en barro.
- Gosia Trebacz. As mans.
- Óscar Cabana. A violencia de xénero a través do rostro.
- Johnny Kashanna. A paisaxe.
- Luisa Valdés.
- Hector Francesch.
- Ali Ali.
- Odile Cano.
- Mico Rabuñal. Escultura en poliespan policromado.
- Entidades participantes: Hogar de Santa Lucía, ACCEM, CIS Carmela Díaz de Rábago, Hogar de Sor Eusebia, Fundación Érguete, Centro Penitenciario de Teixeiro, Fundación Juan Soñador, Cruz Vermella (a través dos programas Muller en dificultade social e Migrantes), Amigonianos, Ecodesarrollo Gaia e Centro Ocupacional Pascual Veiga.
Edición 2023:
- Artistas, temáticas e técnicas:
- Julia Abalde. Paisaxe Interior. Acuarela líquida e lápis de cor.
- Lara Pintos. O espazo privado. Acrílico sobre papel.
- Vero Novoa. Historias do cotián. Textil.
- Faura Balsa. O autorretrato. Escultura en barro.
- Iria do Castelo. Vestir a identidade. Linogravado.
- Mico Rabuñal. O obxecto identitario. Escultura en poliespan policromado.
- Tatiana Medal. Mapa e territorio. Técnica mixta.
- Entidades participantes: Ecodesarrollo Gaia, Cruz Vermella (a través dos programas: Muller en dificultade social e Migrantes), Fundación Juan Soñador, Amigonianos, Hogar de Santa Lucía, Accem e Centro Ocupacional Pascual Veiga.
Edición 2022:
- Temáticas: o autorretrato, a paisaxe e o bodegón
- Artistas: Héctor Francesch, Óscar Cabana, Luisa Valdés, Lara Pintos, Bea Lema, Faura Balsa, Jano Ilustra, Iria do Castelo, Manel Cranio e Isabel Pintado.
- Entidades participantes: Ecodesarrollo Gaia, grupos de Cruz Vermella (a través dos programas Empezar de 0, Muller en risco e Migrantes), Hogar de Santa Lucía, Hogar Sor Eusebia, Centro Ocupacional Pascual Veiga, Amigonianos, ACCEM, e Fundación Juan Soñador.
Edición 2021:
- Temáticas: o autorretrato, a paisaxe e o bodegón
- Artistas: Héctor Francesch, Yolanda Dorda, Óscar Cabana, Isabel Pintado e Luisa Valdés.
- Entidades participantes: Ecodesarrollo Gaia, dous grupos de Cruz Vermella (a través do seu programa Muller en dificultade social), Amigonianos e Fundación Juan Soñador (programa Teranga).
Edición 2020:
- Temáticas: o autorretrato, a paisaxe e o bodegón
- Artistas: Tatiana Medal e Ali Ali (collage) e Óscar Cabana e Luisa Valdés (debuxo).
- Entidades participantes: Ecodesarrollo Gaia, Cruz Vermella, a través do seu programa Mulleres en situación de vulnerabilidade, Hogar de Santa Lucía e Fundación Juan Soñador.
Edición 2019:
Identidades I. O Mapa e o Espazo
- Temática: o mapa e o espazo
- Artistas: Damián Ucieda (fotógrafo), Tatiana Medal (pintora) e Oscar Cabana (pintor)
- Entidades participantes: Ecodesarrollo Gaia e Cruz Vermella.
Identidades II. O autorretrato
- Temática: o autorretrato
- Artistas: Ali Ali, Pablo Mella e Yolanda Dorda
- Entidades participantes: Ecos do Sur e o Hogar de Santa Lucía.
Edición 2018:
- Temática: o autorretrato
- Artistas: Ali Ali, Pablo Mella e Yolanda Dorda
- Entidades participantes: Ecodesarrollo Gaia e Cruz Vermella
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| folleto_diversidade.pdf | 2.12 MB |