100 ANOS DE ARQUITECTURA E DESEÑO EN ALEMAÑA Deustscher Werkbund 1907-2007

7 de febreiro ao 28 de abril de 2013
-
Sala de exposicións temporais e foro do museo
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración coa Embaixada Alemana, Madrid
Comisario:
Winfried Nerdinger
Catálogo:
Si

A exposición 100 Anos de Arquitectura e Deseño en Alemaña está organizada polo Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Munich e o IFA, Intituto de Relacións Internacionais, Stuttgart.Foi concebida para conmemorar o centenario da Deustscher Werkbund, a mítica Liga Alemá de Talleres fundada en 1907 por 12 artistas e arquitectos, xunto con 12 fábricas de Munich, co obxectivo de relacionar arte, industria e artesanía, e permite percorrer os grandes momentos da súa historia. O arquitecto Hermann Muthesius foi o seu principal inspirador e pretendía que por medio do deseño, a industrialización e a produción en masa se conseguise transformar a sociedade. As súas iniciativas no ámbito das exposicións, publicacións e construcións de urbanizacións de vivendas foron decisivas para o desenvolvemento de novas formas no ámbito da arquitectura, a planificación urbana e o deseño industrial, pero tamén para o xurdimento da conciencia ecolóxica e unha ética do consumo máis razoable.A exposición,  organizada en sete áreas cronolóxicas  está composta por unha serie de paneis con representacións, información e textos da historia, actividades e persoas do Werkbund Alemá, ademáis de case 500 obxectos entre carteis, maquetas, revistas, mobles, vaixelas, deseños, debuxos e fotografías... procedentes do Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Munich, do Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Darmstadt, da Universidade de Stuttgart, da Fundación Stankowski de Stuttgart, do Museo de Diseño de Gante e do Lore Kramer de Frankfurt.

Actividades:- Visitas guiadas

Publicacións:- Catálogo en alemán- Cuaderno en castelán    (.pdf)

Galería de imaxes:- Proceso de montaxe da mostra